xoves, 13 de novembro de 2014
Redes sociais, ciber-acoso e igualdade de xénero.
O mércores 13 de novembro o alumnado de 4º da ESO da nosa Escola asistiu a unha charla organizada polo Concello de Vigo (Concellería de Igualdade). A persona que impartiu esta charla foi Ianire Estévanez. Podedes ver a súa páxina web "MI NOVIO ME CONTROLA" ou o seu BLOGUE porque son realmente interesante.
Tamén podedes acceder á Guía Conectamos Ben que se enmarca dentro das actuacións que o Concello desenvolve co obxectivo de implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero, sensibilizando especialmente a xente moza sobre as novas formas de violencia simbólica e real sobre as mulleres.